Seguinte paso en marchar de empresas americanas e, polo tanto, de Google: Google Drive/Fotos
Esta é complicada. Na casa están de acordo no cambio mais hai condicións:
- Organización de fotos en álbums
- Edición de documentos ofimáticos
- Plan familiar con contido compartido
Ata febreiro de 2026 non toca renovar, polo que hai tempo de buscar unha boa alternativa con calma
@roicou
#nextcloud sobre #yunohost es una buena alternativa de #selfhosting. Bastante sencilla y que se puede implementar en un viejo pc de 4G; y aún sobran para montar las servicios online.
@macal é unha das opcións que estou a contemplar. NextDNS e Immich sobre un servidor local. O tema aí entón é a copia de seguridade
@roicou o certo e que eu a copia de seguridade a fago contra un disco externo da mesma máquina. Que non é o máis seguro xa o sei, pero coma xa me ardeu o salón onde está a máquina o ano pasado, pois tiro de estatística e malo será.
Outra alternativa sería usar o porto USB do router e montalo coma servidor ftp, pero será cando teña tempo.
@macal que valor!! Eu teño 300 GB en Google Drive e non podo arriscar a perdelos. As fotos principalmente
@roicou
Na miña empresa temos varios servidores contratados en OVH.
Hay uns anos tiñamos as copias de seguridade noutras máquinas separadas, distinto sector, distintas IPs...
Ardeu o datacenter por completo.
A empresa salvouse por unha terceira copia nun vello NAS que facía polas noites un dos socios paranoicos. Pouco se perdeu.
Os sistemas infalibles non existen, e con recursos finitos procuro achar una solución aceptable. Mellorando co tempo, pouco a pouco, mentres tanto queda nas mans do azar, ou queda sempre?
@macal por iso está ben ter as cousas en local tamén. Pero é necesaria outra ubicación
@roicou @macal eu intenteino pero, un ordenador encendido 24x7 (ou pago a un vps) + actualizacións da aplicación + actualizacións do sistema + backups
Puf..
A única alternativa real que atopei foi imprimir en albums as fotos máis importantes (non son tantas: 3 albums por ano: 1 vacacións, 2 aniversario e festas, 3 outros)
@Hugo @roicou
Pra mín o tema fotos ten certa importancia, pero non é crucial.
Nese servidor teño tamén as contas de correo persoal.
E sobre todo ós arquivos pra realizar certos traballos; dende calquera máquina conectome vía ftp ou webdav y edito os arquivos mediante libreoffice.
Ao mesmo tempo teño as aplicacións do móvil pra subida instantánea de fotos, calendario....
Levo case un ano, cunha única incidencia por unha actualización. Tirei de backup e listo.
Polo resto moi contento de escapar cada vez mais de GAFA